Vaipolorío alerta dunha vertedura de terra no río Pombal procedente das obras da A-57

Pontevedra
09 de novembro 2016

A asociación ecoloxista denuncia que a vertedura, localizado ás 12:00 horas deste martes, chegou á ría de Pontevedra a través do río Gafos

Vertedura localizada no río Pombal
Vertedura localizada no río Pombal / Vaipolorío

A asociación Vaipolorío alertou ao servizo de Emerxencias Galicia 112 ao ter coñecemento dunha vertedura no río Pombal.

Trátase dunha vertedura de "unha cantidade importante de terra" que, segundo a organización ecoloxista provén das obras de construción da autovía A-57.

A vertedura foi localizada ás 12:00 horas deste martes e chegou ata a ría de Pontevedra a través do Gafos, río do que é afluente o Pombal.

Vaipolorío, que nos últimos meses alertou de varias situacións similares no leito do Gafos, quixo agradecer a colaboración veciñal na súa localización.

Arquivado en