Unha pregunta do PP a Lores no Pleno desencadea unha discusión entre o alcalde e Louro

Pontevedra
23 de xuño 2014

Interpelaba Jacobo Moreira a Miguel Anxo Fernández Lores sobre a prórroga do contrato de recollida de lixos e limpeza viaria cando se produciu un episodio nunca visto no Pleno municipal, unha discusión entre o alcalde e Antón Louro, voceiro do PSdeG-PSOE e tenente de alcalde. E todo a raíz das palabras do socialista, que recentemente aseguraba que dita prórroga tiña "puntos de oscuridade" e pedía licitar un novo contrato

Antón Louro e Miguel Anxo Fernández Lores dialogando no Pleno municipal
Antón Louro e Miguel Anxo Fernández Lores dialogando no Pleno municipal / Mónica Patxot

Interpelaba Jacobo Moreira a Miguel Anxo Fernández Lores sobre a prórroga do contrato de recollida de lixos e limpeza viaria cando se produciu un episodio nunca visto no Pleno municipal, unha discusión entre o alcalde e Antón Louro, voceiro do PSdeG-PSOE e tenente de alcalde. E todo a raíz das palabras do socialista, que recentemente aseguraba que dita prórroga tiña "puntos de oscuridade" e pedía licitar un novo contrato.

Esas declaracións foron utilizadas por Jacobo Moreira para defender que esta decisión de ampliar o contrato a Ferrovial Servicios é unha mostra da "falta de transparencia" do BNG, non só, dixo, cara á oposición, "sino hacia miembros de su propio gobierno". O voceiro do PP cualificou como "preocupantes" estas discrepancias internas e insistiu en que non hai nada que demostre que sexa máis caro licitar un novo contrato que prorrogar o actual.

Fernández Lores, visiblemente molesto polas insinuacións do PP, asegurou que a prórroga a este contrato vén determinada "obrigatoriamente" pola posta en marcha da nova planta de compostaxe da Deputación de Pontevedra, que responde a unha demanda histórica de asociacións de veciños, comunidades de montes e asociacións ecoloxistas, de aí que sinalase que o "apoio masivo" que todas elas mostraron a este proxecto.

Dende o PSdeG-PSOE, dixo Lores, "queren cargarse como sexa" esta planta de compostaxe e subliñou que "se adicaran ás súasenerxías a asuntos máisconstrutivosiríallesmellor", mentres que acusou o PP, e especialmente o seu voceiro, de intentar "sabotear" un proxecto impulsado por Louzán "buscando veciños para mostrar unha oposición frontal", o que lle levou a preguntarse se Jacobo Moreira "llas ten xuradas" ao presidente da Deputación.

Foi entón cando Louro elevou o seu habitual ton de voz calmado e se dirixiu ao alcalde para insistir en que o sucedido co contrato de lixos "non é unha práctica de bo goberno" e esixiu que debe dar as "máximas explicacións" a todos os membros do seu goberno. E aínda que quixo aclarar que se trata dun trámite que non é ilegal "porque senón mal iríamos todos", reiterou as súas dúbidas sobre a transparencia do proceso e o papel do organismo provincial.

Ante este cruzamento de declaracións, Jacobo Moreira tomou a palabra e asegurou estar "avergonzado" ante esta discusión pública entre BNG e PSdeG-PSOE. "Pontevedra no merece esto", sinalou o voceiro popular, que afirmou que esta conduta "nos hace sospechar aún más" da decisión de prorrogar o contrato de lixo. Afirmou que a imaxe dada neste Pleno é "deplorable" e pediu aos socios de goberno que "recapaciten sobre lo que dijeron".

Antes de dar por concluído o debate, Fernández Lores díxolle a Moreira que era "o menos indicado" para dar este tipo de leccións "porque por pouco queda soliño", en referencia á crise interna que viviu o PP local. Reiterou que no goberno local "cada un ten ás súas competencias" e díxolle ao voceiro popular a que "se esqueza atopar cousas raras neste goberno", porque afirmou que "non hai nin unha prima lexana" en situación dubidosa.

CONSENSO CO ANTIGO EDIFICIO DA XUNTA

Moita máis sintonía houbo entre BNG e PSOE coa moción que presentaron os nacionalistas para instar á Xunta de Galicia a que afronten a limpeza e conservación da súa antiga sede en Benito Corbal e o cedan posteriormente "de forma temporal" a asociacións sociais e culturais da cidade. A todas elas "lles viría ben", segundo Luis Bará, un espazo tan amplo para desenvolver as súas actividades.

Antón Louro explicou que o PSdeG-PSOE xa apostaba na pasada campaña electoral por un uso similar e propuxo incluír tamén un viveiro de empresas ou un centro de formación e promoción de emprego. Pola súa banda, o PP votou en contra. Ana Isabel Vázquez recoñeceu que o seu estado non é óptimo, pero lamentou que non se incluíse un estudo e unha planificación das organizacións que necesitan espazo ou que non se apostase por reutilizar inmobles municipais semiabandonados como o vello conservatorio de música de Alfonso XIII.

Arquivado en