Unha "ordenanza urgente" podería frear, segundo o PP, o crematorio de Arzobispo Malvar

Pontevedra
31 de outubro 2012

Asegura que este tanatorio estaría "dentro de esta situación" ao non haberse iniciado aínda a tramitación do seu expediente. Eso si, non chegaría a tempo para frear o de Mourente

Ricardo Aguilar durante unha rolda de prensa que ofreceu no Concello de Pontevedra
Ricardo Aguilar durante unha rolda de prensa que ofreceu no Concello de Pontevedra / PontevedraViva

A polémica polos tanatorios-crematorios non cesa. Trala manifestación vecinal de onte á noite, a pelota volve estar no tellado dos políticos. E o PP teno claro. Cre que se o Concello de Pontevedra redacta de forma urxente unha ordenanza que regule a súa instalación, poderíase impedir a chegada daqueles cuxa petición de licenza non supere os tres meses. ÿ dicir, pararían o proxecto de Arzobispo Malvar, en fronte da ponte de O Burgo.

"Pararíamos uno y los que puedan estar por venir", explicou o concelleiro Ricardo Aguilar. Asegura que este tanatorio estaría "dentro de esta situación" ao non haberse iniciado aínda a tramitación do seu expediente. Non chegaría a tempo para frear o de Mourente, xa que segundo denunciou "debido a la lentitud del gobierno municipal" non se podería acoller a esta solución suscitada agora polo Partido Popular.

Para o tanatorio de Mourente, o edil popular aposta por "darle una vuelta al uso para equipamientos" da parcela na que se pretende situar. "Un tanatario no es un colegio, no es un hotel, tendríamos que ver si el uso para equipamientos encajaría en este caso", indicou. Igual poderíase limitar, dixo, a que a súa situación fose próxima ao cemiterio de San Mauro, "una ubicación razonable".

"A ninguno nos gustaría tener un tanatorio cerca de su casa y hay que buscar soluciones para que se pueda corregir esta situación", concluíu Ricardo Aguilar.

O Concello aposta polo diálogo

Pero ao Concello de Pontevedra non lle termina de gustar esta solución. O concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, asegura que unha nova ordenanza non tería carácter retroactivo, polo que non serviría para os proxectados actualmente. Por iso, aposta polo traballo dos técnicos municipais "que están estudando os aspectos administrativos, xurídicos e técnicos" para buscar unha solución.

"Para nós é unha prioridade", dixo Antón Louro. "Comprendemos a preocupación dos veciños ante un feito un tanto anómalo como é tanta iniciativa empresarial". Tras reiterar que as ubicaciones propostas tanto en Mourente como en Arzobispo Malvar "non parecen as máis apropiadas", o edil socialista quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade aos veciños e pediu que "impere o sentido común".

Neste sentido, Antón Louro indicou que "considerando que é un tema sensible, debemos abandonar a demagoxia, que só vale para incendiar o problema e facelo máis difícil". Adiantou que xa mantivo conversacións cos empresarios para buscar unha solución, pero advírtelles "seremos tremendamente esixentes" na súa tramitación urbanística.