"Una barbacoa para chuletas contamina más que un horno crematorio"

Pontevedra
16 de abril 2015

O xerente da Funeraria San Marcos, Juan Perdiz, e unha enxeñeira especializada ofreceron unha charla ante un grupo de arredor de vinte veciños da Reigosa (Ponte Caldelas) para explicar o funcionamento do forno crematorio. A empresa agarda que estea operativa a partires do verán

Explicación da Funeraria San Marcos sobre o crematorio do Polígono da Reigosa
Explicación da Funeraria San Marcos sobre o crematorio do Polígono da Reigosa / Cristina Saiz
O xerente de Funeraria San Marcos amosa o seu malestar coas decisións de Antón Louro sobre o crematorio /

O xerente de Funeraria San Marcos, Juan Perdiz, espera que este verán poida xa encontrarse operativo o crematorio que está a construír no polígono da Reigosa (Ponte Caldelas), malia xurdir algunhas voces veciñais de oposición a este proxecto. Para intentar explicar aos habitantes desa contorna a lexislación e o funcionamento dos fornos, o empresario realizou unha exposición pública na mañá deste xoves 16 no Hotel Galicia Palace coa intervención de diferentes técnicos que interveñen neste proxecto.

Juan Perdiz, acompañado pola enxeñeira de Kalfrisa, Nieves Losilla, intentaron resolver as dúbidas dos veciños que acudiron a este encontro. O xerente de San Marcos iniciou a súa intervención arremetendo contra o responsable de Urbanismo do Concello de Pontevedra: "En novembro de 2012, un personaxe chamado Antón Louro, teniente de alcalde actual, sácase da manga unha moratoria, non sei de onde nin por que, que nos sitúa a catro grandes empresas funerarias a facer reunións para preguntarse por que unha empresa ten licencia e outras non". Perdiz sinalou que ao haber outras empresas importantes, vindas de fóra de Galicia, interesadas neste negocio tiveron que buscar alternativas para a instalación do crematorio.

Desta forma, engadiu que escollera o polígono da Reigosa como espazo para levar a cabo este proxecto coa intención de crear alí unha infraestrutura funeraria con crematorio, salas velatorias, almacén de ataúdes, floraría e fabricación de lápidas, dotado con persoal pertencente ao concello no que se sitúa a instalación.

A continuación, a enxeñeira Nieves Losilla, da empresa Kalfrisa, explicou detalles técnicos sobre os fornos crematorios e as características da instalación proxectada na Reigosa na que só se incinerará materia orgánica. A experta explicou que os riscos contaminantes se derivan só da utilización de plásticos,"las emisiones de un horno crematorio nunca podría afectar a un particular que viviera en ese entorno porque no estaría respirando en la boca del horno y aunque así fuera, del horno no salen concentraciones suficientes para que le afecten físicamente" e sinalou que a Xunta establece uns niveis que impiden a contaminación. Losilla engadiu que"una barbacoa en su casa para chuletas va a contaminar más que un horno crematorio y de forma puntual. Y el aire que respira ese vecino tiene más contaminantes que el que genera un horno crematorio en su vida útil y ya no digamos nada de un incendio forestal". Por ese motivo, o efecto sobre a saúde indicou que "es insignificante" e en caso de que, por accidente, algún contaminante saíse ao exterior quedaría no aire e, co tempo, oxidaríase "formando el CO2, que es inerte".

Por outra parte, Juan Perdiz garantiu os veciños que se utilizarán só ataúdes sostibles e pedirán certificados de ataúdes sen ferraxes. Sinalou que a que se cumpre con toda a normativa establecida pola Xunta de Galicia para este tipo de instalacións.