Un crematorio dentro do cemiterio de San Amaro?

Pontevedra
15 de novembro 2012

"Consideramos que construír un crematorio dentro do cemiterio era unha instalación consustancial con ese tipo de industrias ou actividades", dixo o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "o cal non quita que si houbera iniciativas privadas e razoables non habería problema, agora estamos nunha situación límite sen moito sentido e estamos a buscar a mellor alternativa", declarou

Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña
Crematorio Tanatorio proxectado por Funespaña

Un crematorio dentro do cemiterio? A idea non é nova.

O concello de Pontevedra xa contemplara esta posibilidade ao abordar a primeira fase da ampliación do cemiterio municipal de San Amaro.

Curiosamente na memoria do proxecto falábase da posibilidade de incluír no recinto un crematorio a xestionar conxuntamente por todas as empresas funerarias implantadas na cidade, pero non se puxeron de acordo e a iniciativa quedou como materia pendente.

"Consideramos que construír un crematorio dentro do cemiterio era unha instalación consustancial con ese tipo de industrias ou actividades", dixo hoxe o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, "o cal non quita que si houbera iniciativas privadas e razoables non habería problema, agora estamos nunha situación límite sen moito sentido e estamos a buscar a mellor alternativa", declarou.

Lores reiterou que o Concello sempre descartou o financiamento con fondos públicos deste equipamiento, deixándoo en mans da iniciativa privada.

Nese cometido está traballando o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, quen acaba de reunirse con representantes de Funespaña, completando así o seu rolda de contactos con todas as empresas que promueven "ata cinco crematorios na capital".

A Funespaña, do mesmo xeito que ao resto, Louro comunicoulles a intención "firme" do goberno local de suspender "cautelarmente e durante un ano" a concesión de licenzas para hornos crematorios.

A decisión aprobarase no pleno da corporación de Pontevedra previsto para o vindeiro xoves 22 de novembro. A xunta de portavoces será o luns.

Louro tamén confirmou que si Funespaña quixese construír o seu tanatorio non tería problema "é unha instalación normal e dotarnos dunha instalación moderna para velar aos nosos mortos é algo que a cidade tamén quere, aí non hai dificultade".

ÿ dicir a suspensión afecta só aos crematorios.

Finalmente e respecto de a posiblidad de que as empresas funerarias demanden ao concello polo "lucro cesante", o concelleiro Urbanismo sinalou que  "obviamente tívose en conta todas esas situacións, as posibles indemnizacións, si se desen, aínda que en principio non teñen porque darse, serían polo custo do proxecto e a devolución das taxas", concluiu.