"Tres funerarias aceptarían compartir un único crematorio"

Pontevedra
06 de novembro 2012

"Un pouco máis tranquilos", confesan estar os representantes veciñais de Pedra do Lagarto-A Parda trala súa reunión co concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro que asegurou que "tres empresas estarían a favor de unirse para lograr un acordo dese tipo, pero que hai unha que non está polo labor"

Reunión do concelleiro de Urbanismo cos veciños de Pedra do Lagarto-A Parda
Reunión do concelleiro de Urbanismo cos veciños de Pedra do Lagarto-A Parda / PontevedraViva

"Un pouco máis tranquilos", confesan estar os representantes veciñais de Pedra do Lagarto-A Parda trala súa reunión co concelleiro de urbanismo de Pontevedra, Antón Louro.

O responsable municipal trasladoulles a súa intención de propiciar un acordo de todas as empresas funerarias para que se constrúa "un único crematorio afastado das vivendas".

"El está buscando a concordia coas empresas", afirma o portavoz destes veciños, José Vilar, consciente de que ⿿é moi difícil que as catro cheguen a un acordo".

"Louro dinos que tres empresas estarían a favor de unirse para lograr un acordo dese tipo, pero que hai unha que non está polo labor. Non sabemos quen é, pero supoñémolo", sinala José Vilar.

"Di Louro que está traballando niso e que a cousa vai moi ben e quedamos en volver falar a semana que vén".

En todo caso os veciños de Pedra do Lagarto seguirán coa súa campaña informativa e a recolleita de firmas para instar ao goberno municipal a que formule unha ordenanza que regule todo isto e "posiblemente organizaremos algunha movilización na Praza de España", engadiu.