Trece mulleres, todas desempregadas, participan na actividade formativa para activar o emprego posta en marcha polo Concello de Ponte Caldelas.
‘Capacitadas’ é unha acción formativa gratuíta para que as mulleres de Ponte Caldelas se preparen para traballar como operarias de producción e loxística.
O ano pasado, oito das quince mulleres participantes no curso ‘Capacitadas’ conseguiron un posto de traballo na mesma empresa na que realizaron as prácticas formativas non laborais, por iso dende o Concello se aposta novamente por este formato que tivo moito éxito e que acadou uns resultados de inserción satisfactorios.
Esta segunda edición conta con 170 horas de formación que se iniciarán en outubro.
A parte teórico-práctica en aula serán 50 horas, o curso de manexo de carretillas elevadoras serán 18 horas e haberá 20 horas de empoderamento e asesoramento para a procura de emprego, pola súa parte, as prácticas non laborais en empresas desenvolveranse durante 80 horas.