Traballadores do Parque de Maquinaria alertan de que as vías provinciais están en mal estado pola "torpeza" da Deputación

18 de xuño 2016

Os traballadores do Parque de Maquinaria realizaron este sábado unha marcha a pé entre Pontevedra e Vigo e acusan á presidenta provincial de anunciar ao principio do seu mandato que abriría as portas da Deputación á cidadanía cando, en realidade, "creou un búnker cunha garda pretoriana creada cos deputados chegados do Concello de Vigo"

Marcha a pé entre Pontevedra e Vigo dos traballadores do Parque de Maquinaria
Marcha a pé entre Pontevedra e Vigo dos traballadores do Parque de Maquinaria / PontevedraViva

Os traballadores do Parque de Maquinaria comezaron na mañá deste sábado unha marcha a pé entre Pontevedra e Vigo dentro da campaña de mobilizacións contra a xestión do Bipartito da Deputación Provincial en relación co seu servizo. Puxeron rumbo á cidade olívica desde a avenida de Montero Ríos  ás 10.00 horas coa intención de percorrer os pouco máis de 30 quilómetros que hai ata o Concello de Vigo antes das 19.00 horas, pero antes de partir aínda tiveron tempo a lanzar unha adverntencia. Segundo aseguran, as estradas provinciais están"en mal estado, con baches e con mala limpeza" desde que os responsables provinciais tomaron a decisión de cambiar o horario dos traballadores. 

José Ramón Piñeiro, representante dos traballadores da Deputación, explicou que desde que os traballadores teñen un horario fixo de oito horas de mañá -antes tiñan xornada partida-, "a maioría do tempo destínase ao traslado ao punto de traballo e non traballando", de modo que se reduciron as horas efectivas de traballo e deixouse notar nas estradas provinciais e o seu estado de conservación, e todo pola "torpeza do equipo de goberno" á hora de levar as negocaciones sindicais. 

A marcha a pé ata Vigo secundárona 23 traballadores portando bandeiras do sindicato CC.OO. e carteis denunciando que os responsables provincailes "privatizan e malgastan recursos públicos" mentres cobran soldos de 85.000 e 90.000 euros. En relación con estes salarios, Piñeiro reprochou á presidenta da Deputación, Carmela Silva, que fale de que os traballadores do Parque de Maquinaria teñen privilexios cando "é moito máis privilexio cobrar 85.000 euros".

Ademais, critica que a presidenta xustificase o seu soldo indicando que traballa 15 horas ao día, pois "nos gustaría ter un sistema de fichaxe para saber se é realidade" que dedica tantas horas á xestión pública

Antes de partir cara a Vigo, os representantes dos traballadores tamén quixeron insistir en que desde o goberno bipartito da Deputación PSOE-BNG está a tentarse "criminalizar aos traballadores diante da opinión pública" para atopar unha xustificación ao fin último que é desmantelar o Parque de Maquinaria para 2018, ano no que as instalacións actuais situadas nas marismas de Alba terán que trasladarse ao estar afectadas pola Lei de Costas. 

Os traballadores queren deixar claro que van a serguir loitando ata o fina para "buscar negociacións" coa Deputación e acusan á presidenta provincial de anunciar ao principio do seu mandato que abriría as portas da Deputación á cidadanía cando, en realidade, "creou un búnker cunha garda pretoriana creada cos deputados chegados do Concello de Vigo"

Arquivado en