A plataforma veciñal ‘Salvemos a Fracha’, en colaboración co colectivo Masa Crítica, organiza este domingo 25 de outubro a súa segunda andaina reivindicativa pola zona afectada polas obras da autovía A-57 e lanza un SOS aos pontevedreses alertando de que esta será a última ruta que permitirá gozar do monte da Fracha antes da chegada das máquinas que acometerán as obras da autovía.
Ao respecto, a plataforma recorda que a primeira pedra xa se colocou e, "se ninguén o impide, en pouco tempo o impacto das obras xa será visible no entorno natural da serra da Fracha", de modo que convida a que este domingo os pontevedreses ‘tomen a Fracha’ contra o proxecto da autovía A-57 que está a promover o Ministerio de Fomento e que, no seu primeiro tramo, "leva por diante o monte da Fracha" en terreos dos concellos de Pontevedra e Vilaboa.
A ruta partirá ás 10.00 horas do lugar de Pintos e terá una duración aproximada de dúas horas e media. Rematará arredor das 12.30 horas no mesmo punto de partida e haberá castañas de balde para todos e bebidas quentes e fría.