Sae á venda o solo empresarial da Reigosa con bonificacións do 30 % do prezo

Ponte Caldelas
06 de marzo 2015

As bonificacións do 30 % aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parque a bonificación aplicada foi do 15 %

Parque empresarial da Reigosa
Parque empresarial da Reigosa / Mónica Patxot

A empresa pública Xestur aplicará bonificacións do 30% nas parcelas do parque empresarial da Reigosa, segundo establece o concurso público de venda convocado este venres e no que se poderán presentar ofertas ata o próximo seis de abril.

As bonificacións do 30% aplicaranse sobre os prezos das parcelas anteriores ao concurso convocado no pasado mes de xaneiro, en que neste parque a bonificación aplicada foi do 15%.

O 30% de bonificación do novo concurso aplicarase sobre un máximo de 155.781,19 metros cadrados (20 parcelas). Unha vez acadada a venda desa superficie a bonificación volverá a ser do 15%.

Os adxudicatarios comprometeranse a construír as súas instalacións e obter licenza de actividade nun período de tres anos, polo que a adxudicación de solo suporá unha importante achega á economía da zona.

Arquivado en