Rafael Louzán arremete contra o goberno local de Pontevedra por "incoherente"

Pontevedra
21 de xaneiro 2015

O presidente da Deputación sinalou que a situación en Pontevedra é caótica e puxo como exemplo os enfrontamentos entre BNG e PSOE pola planta de compostaxe ou o PXOM, así como a falla de creación de infraestruturas deportivas durante os últimos 4 anos

Louzán critica o goberno local de Pontevedra pola súa "incoherencia" /
Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial
Rafael Louzán, presidente da Deputación Provincial

O presidente da Deputación Provincial atacou duramente o goberno local de Pontevedra durante a rolda de prensa posterior á xunta de goberno ao ser preguntado polo proxecto da planta de compostaxe en Canicouva que xerou diversos enfrontamentos.

Rafael Louzán sinalou que na Deputación ao ver que a proposta do BNG de crear esa planta se aceptou ao entender que se mantén dentro do establecido no plan de residuos de Galicia e que axude a reducir os custos deste servizo de Pontevedra contando que poida servir para outros concellos.

Pero o presidente provincial móstrase molesto cos "bandazos" que os socios de goberno, BNG e PSOE, manteñen sobre este tema con críticas e cambios de posicionamento durante os últimos días. Louzán cualificou de "incoherente" a actitude dos gobernantes de Pontevedra e "iso vai en perxuizo dos habitantes de Pontevedra porque non se resolven os problemas dos cidadáns".

"A situación de Pontevedra é caótica", afirmou Louzán que sinalou que "ante un problema que se lles pode vir enriba intentan desviar a atención cara a outras administracións ou cara a outros actores". O presidente da Deputación arremeteu contra o PSOE indicando que non ten discurso sobre a planta de compostaxe e que está a utilizar este tema de xeito electoral como "arma arrojadiza".

Apuntou que Pontevedra debido a esa situación de "incoherencia" non ten PXOM, carece de novas infraestruturas deportivas, de presuposto ou de plan de transporte público. Neste sentido, Louzán sinalou que dende a Deputación "nunca se invirtiu tanto na cidade como nos últimos seis anos e sempre por iniciativa da Deputación".

Arquivado en