Para o portavoz do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, a oposición mostrada polo BNG á pretendida ampliación da depuradora dos Praceres débese a unha "mala conciencia" cara os veciños de Lourizán, que foron vítimas, segundo dixo, do "engaño" do goberno municipal. Ata agora, engadiu, "nunca se han opuesto" a este proxecto.
En rolda de prensa, Domínguez asegurou que desde o ano 2015 mantivéronse ata un total de once reunións, a última delas hai apenas un mes, para abordar o saneamento da ría de Pontevedra e "en ninguna de ellas" o goberno municipal do BNG "dijo ni una palabra contra la ampliación".
Ante esta situación, o líder dos populares pide ao alcalde "que deje de mentir a los vecinos" e recoñecer que coñecía este proxecto.
Ademais, Rafa Domínguez engadiu que se o Concello non quere que a ampliación da EDAR se realice nas inmediacións da depuradora actual, "debe ofrecer una alternativa y decir dónde la quiere poner", ao entender que "es su responsabilidad".
Sobre o rexeitamento que este proxecto xera no PP pontevedrés, a pesar de ser impulsado pola Xunta e recoñecer que ampliar a EDAR é "necesario", Domínguez asegurou que "dar este paso adiante no ha sido fácil", pero deuse tras visitar a zona, coñecer a preocupación veciñal e "reflexionar profundamente".
Así llo trasladará el mesmo a Augas de Galicia "cuando me llamen", o mesmo que insta a que faga o goberno municipal, ao que reclama "más saneamiento y responsabilidad y menos manifestaciones que no sirven para nada".
Solicita tamén o líder do PP que o alcalde reciba aos veciños, que solicitaron unha reunión con el hai catro meses, algo que se explica porque "nunca movieron un dedo por oponerse a la ampliación y esto es difícil de explicar a los vecinos".