O líder do PP en Pontevedra teno claro. O "máximo responsable" de que o proxecto industrial de Ence na cidade estea "muerto" é o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores. Iso si, por primeira vez, recoñece certa responsabilidade nos seus propios compañeiros de partido.
Ante a insistencia dos xornalistas, Rafa Domínguez dixo que se a prórroga concedida no seu día polo Goberno de Mariano Rajoy ata 2073 "estuviese bien hecha", nestes momentos "no habría sentencia en contra" da Audiencia Nacional anulándoa por ilegal.
"Más claro no puedo ser", engadiu Domínguez, que con todo insistiu en que esta sentenza está "motivada" polo recurso presentado polo Concello e sen el "quinientas familias no se irían a la calle" co peche da fábrica de Lourizán.
Tras apuntar que o "instigador" desta situación foi o goberno municipal, o portavoz do PP lamentou que se Ence pecha a súa fábrica ou traslada a súa produción a outro lugar "pierde Pontevedra y pierden quinientas familias".
Por iso, insistiu en que "si hay voluntad política" pódense buscar "formas jurídicas" para amparar a continuidade da factoría pasteira na ría creando un "marco legal".
En caso contrario, "pase lo que pase" ou, en cuestión de traslado, "sea donde sea", será a cidade de Pontevedra "la que pierda" porque considera que "la fábrica se cerrará y no se van a recuperar los terrenos como estamos viendo con el caso de Elnosa".
Rafa Domínguez tamén apuntado que as declaracións do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas que abría a porta á instalación dunha segunda pasteira en Galicia, "parece que es una contradición" ao defender o PP que o traslado de Ence non é posible ao carecer Galicia de terreos adecuados para construír unha fábrica nova.