Rafa Domínguez, portavoz do grupo municipal do Partido Popular, quere que Miguel Anxo Fernández Lores explique publicamente por que Pontevedra perde 150 postos de traballo e 55 millóns de euros co peche de Elnosa.
O representante do PP pregúntase por que a empresa propietaria da cloreira, a portuguesa Bondalti, inviste na fábrica de Torrelavega, en Cantabria, mentres que en Pontevedra ten que pechar. Domínguez cre que a "sinrazón de Lores levounos a esta situación". Acusou ao alcalde de "cinismo" porque agora, segundo o popular, afirma que non ten nada que ver coa marcha da empresa.
Domínguez sinala que en Torrelavega faiseunha festa pola chegada dunha empresa mentres que o BNG organiza outra porque se vai e expresou a súa tristeza porque familias de traballadores teñan que "emigrar" a Cantabria para poder continuar traballando.
Por este motivo, os populares reclaman explicacións públicas do alcalde sobre este tema. No caso de que non se produzan, estudará a posibilidade de levar o tema ao pleno.