Rafa Domínguez alberga a "esperanza" de que Ence poida adscribirse ao Porto de Marín para continuar a súa actividade

Pontevedra
28 de setembro 2021

O presidente local do Partido Popular agarda que o Consello Consultivo de Galicia aprobe a legalidade desa opción para a continuidade da fábrica en Lourizán, que promoven os representantes sindicais dos comités de Ence e a Xunta de Galicia. Ademais, Domínguez pediu que se rebaixe a tensión en relación a este conflito e que o alcalde Fernández Lores respecte os traballadores

Rafa Domínguez e Pablo Fernández, do PP, apoian unha posible adhesión de Ence ao porto de Marín
Rafa Domínguez e Pablo Fernández, do PP, apoian unha posible adhesión de Ence ao porto de Marín / Partido Popular de Pontevedra

"Entendemos que es la única solución viable", con esta frase Rafa Domínguez, presidente local do Partido Popular, afirma que a opción proposta polos representantes sindicais dos comités de empresa de Ence ante a Xunta de Galicia durante a reunión mantida este luns en Santiago preséntase como a "esperanza" para as "cincocentas familias" pontevedresas que, segundo o PP, temen o peche da fábrica pasteira situada en Lourizán.

A proposta céntrase en adscribir os terreos que actualmente ocupa a factoría aos dominios da Autoridade Portuaria de Marín. O conselleiro de Economía e vicepresidente segundo do executivo galego comprometeuse a trasladar un informe recollendo esta posibilidade ao Consello Consultivo de Galicia para que estude a viabilidade legal desta solución. 

"Sería un paso muy importante para que se pueda salvar el empleo de tantas familias", apuntaba este martes Rafa Domínguez, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández. "Si esto puede ser una solución, espero que Lores piense más en esas quinientas familias y no en sus propios intereses políticos", expuxo o representante popular, que tamén fixo un chamamento ao goberno socialista do Estado para que apoie esta opción.

Domínguez explicou que o PP de Pontevedra sempre defenderá a posición dos traballadores e buscarán solucións político-xurídicas para que sigan desenvolvendo a súa actividade en Pontevedra. Neste sentido, manifestou que "me para todos los días gente que trabaja en Ence o que son familiares y me dicen: por favor, ayúdanos. Gente que no conozco y que tiene el atrevimiento de acercarse a mí para decirme: tenemos un problema, Rafa, por favor, ayúdanos. Eso, todos los días", alegou ao considerar que a perda deses postos de traballo sería un "desastre" para Pontevedra.

REBAIXAR A TENSIÓN

O portavoz municipal do PP tamén fixo un chamamento público a que se rebaixe a tensión en relación co conflito de Ence. Sinalou que non xustifica as manifestacións que non sexan pacíficas pero tamén esixiu ao alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que respecte ás familias que se poden quedar sen traballo.

Argumentou que as declaracións do rexedor pontevedrés son "despectivas" cara aos traballadores, realizadas desde o "rancor" e con "prepotencia" e "desprezo". Fixo referencia tamén ao termo "Enceborroka" que utilizan representantes do goberno local cara ás protestas dos traballadores da factoría e sinalou que ese tipo de expresións non axudan a rebaixar a tensión. Domínguez lembroulle a Lores que "es el alcalde también de esas familias" e fixo unha petición para que se leve a situación a un escenario pacífico.

Arquivado en