RADIO.- Cara a Cara: Miguel Cuevas e a experiencia na Rede de Escolas da UNESCO

Pontevedra
12 de abril 2018

O filólogo, profesor e director do departamento de Lingua Española da facultade de Tradución e Filoloxía da Universidade de Vigo, Miguel Cuevas, comparte con PontevedraViva Radio como está a ser a participación, desde o ano 2016, da facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na Rede de Escolas UNESCO.

A facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo pertence desde hai dous anos á Rede de Escolas Asociadas da UNESCO. Unha organización que, entre outras cousas, ten como propósito universal promover a paz, a tolerancia e a comprensión internacional desde os centros educativos e facultades que forman parte da rede.

Como xurdiu a idea na facultade de pertencer a este organismo? Que iniciativas ou proxectos se levaron a cabo desde a súa incorporación? A estas e a máis cuestións responde Miguel Cuevas, responsable da Comisión UNESCO da Facultade de Ciencias da Educación e o Deporte, neste Cara a CaradePontevedraViva Radio.

Cuevas foi o encargado, xunto a outro profesor universitario, Jorge Soto, de coordinar o proxecto polo cal a UNESCO decidiu incluír a esta facultade na rede: unha composición visual que representaba un mar de cor metálico que buscaba concienciar á sociedade sobre o drama dos refuxiados.

Miguel Cuevas conta como viviu de forma persoal o desenvolvemento desta acción, as novas iniciativas que están por vir e, sobre todo, a importancia de que os estudantes sexan conscientes da necesidade de formar aos nenos contra a marxinación desde as aulas.