Presentan 200 alegacións ao crematorio de San Mauro

Pontevedra
02 de novembro 2012

Os veciños da Parda presentaron no rexistro do Concello de Pontevedra unhas duascentas alegacións contra o proxecto de crematorio que a empresa Funeraria San Marcos quere instalar nas tanatorio que dispón en San Mauro.

Estes mesmos afectados están levando a efecto unha campaña de recolleita de firmas para conseguir un total de cinco mil  e esixir ao goberno municipal unha normativa que regule este tipo de equipamientos.

Os veciños alegan que nun radio de menos de trescentos metros atópanse nada menos que dous guarderías infantís, un colexio de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, un centro de saúde, un conservatorio de música e un número importante de poboación da cidade (estímase que máis de 14.000 persoas).

As alegacións baséanse en motivos medioambientales, de alarma social, sanitarios e urbanísticos.