A deputada nacional Pilar Rojo e o portavoz do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, reuníronse con representantes da coordinadora de Bora.
Coincidindo cos cambios no Ministerio de Fomento, e tendo en conta que comezan a tramitarse os orzamentos xerais, mantiveron un encontro para falar dos tramos pendentes da autovía A-57.
En outubro de 2015 a anterior ministra de Fomento, Ana Pastor, puxo a primeira pedra duns obras que arrancaron varios meses despois.
Agora o ministerio está a completar o pago das expropiacións naqueles casos onde houbo mutuo acordo mentres que seguen pendentes dos tribunais os recursos e preitos xudiciais establecidos por algúns afectados en desacordo coa valoración inicial.
A estas alturas a actividade na Fracha é visible e o Goberno mantén que esta autovía entrará en servizo antes do verán de 2019.
O seguinte será a prolongación deste tramo entre Figueirido (Vilaboa) e A Ermida, en Marcón cara a Xeve e desde aí ata Curro, en Barro para enlazar coa autoestrada AP-9. Iso é o que preocupa a estes veciños de Bora que xa ven as orellas ao lobo.