Os grupos parlamentarios do PP, PSOE e BNG rexeitaron unha iniciativa presentado por Alternativa Galega de Esquerda (AGE) "sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia respecto das obras de recheo efectuadas no porto de Marín e os prexuízos ocasionados aos veciños".
A iniciativa someteuse á votación e resultou rexeitada por 1 voto a favor, (o de Juan Fajardo de AGE), 12 votos en contra e ningunha abstención.
AGE reclamaba en nome da Plataforma Defensora dá Praza dos Praceres, a execución inmediata da sentenza que ordena demoler os 300.000 metros cadrados de recheos ilegais do porto de Marín
O Parlamento galego fai súa a estratexia da Autoridade Portuaria para lograr que a sentenza do Tribunal Supremo se declare inexecutable polas súas consecuencias para o porto e as empresas alí afectadas.