Ponte Caldelas solicita á Xunta a creación dun punto limpo no parque empresarial da Reigosa

Ponte Caldelas
07 de novembro 2014

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que negocia coa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de la Xunta a instalación dun punto limpo nunha parcela municipal de 1.417 metros cadrados situada no parque empresarial da Reigosa

Parque empresarial da Reigosa
Parque empresarial da Reigosa

O alcalde de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, informou que negocia coa Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de la Xunta a instalación dun punto limpo nunha parcela municipal de 1.417 metros cadrados situada no parque empresarial da Reigosa.

Para iso, a Xunta de Goberno Local aprobou solicitar ante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o financiamento ao 100% da construción dun punto limpo na parcela P-17.

Trátase desta parcela triangular que está destinada urbanisticamente para este uso e que foi cedida no seu día ao Concello por Xestur, cando se cederon os viais, zonas verdes e equipamentos.

O Concello unha vez construído ese punto limpo debe facerse cargo da explotación, mantemento e conservación deste.

Estes puntos limpos están destinados para que os veciños do municipio poidan depositar residuos voluminosos, cascallos de pequenas reparacións, electrodomésticos, aparellos electrónicos, etc. e supoñerá un complemento ao servizo de recollida de lixos.

Arquivado en