Ponte Caldelas gozou do entroido baixo teito preparándose para a cita de xuño na que os veciños sacarán os disfraces á rúa. Nunha festa celebrada nunha coñecida discoteca e organizada polo Concello regaláronse trescentas bolsas de cotillón aos escolares nun acto ao que asistiron preto de 700 persoas, segundo os organizadores.
Esta festa denominada 'Entroido en familia' contou con animación musical a cargo dun disc-jockey e a actuación do Mago Marco. Tamén se celebraron diferentes sorteos. Varios concelleiros asistiron disfrazados a este evento, entre eles, o propio alcalde Andrés Díaz.
O goberno local xa está a traballar para organizar o desfile de Entroido, que se celebrará no verán á espera de que nesas datas reine o bo tempo e a repercusión turística e socioeconómica sexa maior.
Ese desfile estival de disfraces finalizará cunha festa e coa sesión musical na Alameda ata altas horas da madrugada.