Poio propoñerá unha localización para a depuradora de Raxó e Samieira

Poio
11 de maio 2016

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, anunciou que a próxima semana reunirase cos responsables de Augas de Galicia

Reunión polo saneamento da ría
Reunión polo saneamento da ría / Mónica Patxot

O alcalde de Poio, Luciano Sobral, anunciou que a próxima semana reunirase cos responsables de Augas de Galicia.

O rexedor acudirá a esta reunión co compromiso de achegar unha localización "dentro do que é o noso concello" para instalar a depuradora de augas residuais "que dea servizo ás dúas parroquias" de Raxó e Samieira, que suman unhas 2.000 persoas cuxos fogares non están conectados á Edar e están conectados a un emisario que verte directamente na zona da Granxa.

"Un sitio que tecnicamente sexa compatible", adiantou Sobral sobre a proposta que fará aos técnicos da Xunta.

Luciano Sobral tamén advertiu que a localización está supeditada ás condicións do emisario que necesitaría a EDAR e que marcaría o punto de vertedura "iso é fundamental".

"O que conoce o noso concello sabe que é unha ladeira sobre unha ría moi plana e cuns bancos marisqueiros que poder correr o perigo de que se complique ainda máis a situación", resumiu.