Se pertences á xeración boomer sabes de que che falan ao dicir: Game Boy. Pero se superas o corenta, posiblemente non saibas de que che falan ao dicir: sonny angel.
Pola contra, si estás na xeración Z identificas perfectamente esas figuritas con froitas no cocote, pero descoñeces que se facía con dispositivos de xogo como aqueles.
Este é o lugar, ou mellor dito o podcast, no que os de máis idade van atoparse con aqueles obxectos icónicos da súa infancia e a súa adolescencia e os máis novos aprenderán con que se entretiñan os seus maiores.
Jesús Fontanes e Marcial Outeda subiron aos trasteiros para sacar o po acumulado entre os seus tesouros de anos atrás e devolvelos, aínda que sexa só durante este programa, ao século XXI.
Daquela, para escoitar música proliferaron os walkman, tras os que chegaron os discman. As mascotas virtuais chamábanse Tamagotchi. As películas en casa víanse en formato analóxico en vídeos Betamax.
As bolsas de snaks traían dentro os tazos coleccionables, regalában reloxos Casio e quen tiña módem en casa podía conectarse a Netscape ou ao chat de Messenger.
A moda tamén trouxo as súas marcas icónicas, e había un elemento... vaia elemento! que para gusto duns e horror doutros, segue presente. Marcial e Jesús lévanllo á sección 'El desguace'.
E todo iso, do primeiro ao último minuto, sen perder o sentido do humor, que é o sentido fundamental destes programas.