Cine para este segundo capítulo da terceira tempada de 'Boomer el último'. Rescatan as películas que se estrearon no ano 1984 e que deixaron títulos memorables para esta xeración.
Títulos como 'Gremlins', 'A historia interminable', 'Karate kid' e personaxes como Indiana Jones, ou Freddy Krueger quedaron para sempre na retina cinematográfica daqueles nenos e adolescentes.
Sesión de cadeira de brazos e flocos de millo, pero como sempre, a nostalxia vén acompañada, si non recargada, de humor. Non falta 'El desguace', sección na que sacan o peor do tema escollido e neste caso desfilan as que consideran peores películas de hai catro décadas. Metraxes que tampouco quedaron no esquecemento e non por iso en bo lugar, ou si?.
Non todo vai ser cine. Marcial Outeda e Jesús Fontanes teñen motivos e circunstancias para introducir cuestións afastadas da sétima arte.
Os condutores do podcast descóbrennos unha potencial faceta na que comezaron a facer os seus primeiros... castings?.
Si, boomers, si, convertéronse en aspirantes a ser concursantes televisivos e comparten as súas accidentadas gravacións, como non podía ser doutra forma neles.
Así que non esquecer o tempo da retranca que nestes podcast hai doses abundantes. Dálle ao play, descarga ou reproduce, e regálache algo máis dunha hora de compañía co bo humor.
(Este capítulo foi gravado a mediados do mes de setembro, polo que as referencias temporais do seu contido corresponden a ese momento).