A senadora do PP por Pontevedra, Pilar Rojo, presentou na cámara alta varias iniciativas para preguntar ao Goberno central sobre o atraso das obras da Autovía A-57 coñecida coma a circunvalación de Pontevedra, un proxecto "do que nada se sabe, os traballos avanzan a un ritmo moi lento e nin tan sequera se ten contestado ás reclamacións plantexadas polos veciños sobre o trazado".
Por este motivo, a popular pide "máis concreción" ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, xa que "pasa o tempo, estamos xa no mes de maio, e queremos coñecer cal é o motivo de todo este retraso".
Nesta liña, sinala que "o Goberno central está incumprindo co impulso que anunciou para a circunvalación, unha infraestrutura fundamental para a nosa cidade".
Así, a popular quere que se aclare si o Goberno continúa apostando por este proxecto e, de ser así, que explique cales son os motivos de tanto atraso nas actuacións.
Ademais, pregunta tamén si se van ter en conta as modificacións plantexadas polos veciños que esixen un cambio de trazado para diminuír o impacto da estrada na zona e sobre as vivendas e que concreten cando se vai dar a coñecer o proxecto definitivo.