Os veciños invocan ao Consello Social municipal ante o "problema grave" dos crematorios

Pontevedra
02 de novembro 2012

A Asociación de Veciños de San Bartolomé, pide ao Concello que convoque o Consello Social de Pontevedra xa que "se trata de un organismo participativo y de carácter consultivo necesario ante este problema grave"

Concentración vecinal contra os crematorios urbanos na Plaza de España
Concentración vecinal contra os crematorios urbanos na Plaza de España /

A contestación veciñal contra os catro proxectos de tanatorios e crematorios que hai en marcha en Pontevedra pide un sinal ao Concello de que fará o posible para evitar estas instalacións no centro histórico e núcleos habitados do rural.

Un dos colectivos que encabeza a protesta no casco histórico, a Asociación de Veciños de San Bartolomé, pide ao Concello que convoque o Consello Social de Pontevedra xa que "se trata de un organismo participativo y de carácter consultivo necesario ante este problema grave".

A asociación veciñal tamén pide ao Concello que aprobe unha ordenanza para prohibir estas instalacións en chan urbano consolidado e en núcleos rurais onde haxa vivendas familiares. "Sólo así se podrá evitar que, aprovechando el vacío legal que existe, se instalen crematorios en cualquier lugar", sosteñen.

 

A presidenta de San Bartolomé, Mari Luz Fernández Rodríguez, foi a encargada de formalizar esta petición. Fíxoo a través dun escrito dirixido ao concelleiro de Urbanismo, Antón Louro.

A asociación veciñal toma desta forma a man tendida polo PP, que fixo pública a súa proposta de que o Concello redacte de forma urxente unha ordenanza que regule a súa instalación como fórmula para impedir novos proxectos cuxa licenza aínda está se tramitar,como é o caso do crematorio proyecado en Arcebispo Malvar.

"Pedimos que no se den más rodeos, de momento solo hay dos soluciones, que son las que propuso el Partido Popular en el último pleno", sinala Mari Luz Fernández na súa petición.