Algúns aplaudiron, os menos, a maioría colleu os seus bártulos e saíu en estampida ata baleirar o patio de butacas.
Os veciños afectados polos cinco proxectos de crematorio en Pontevedra abandoaron en cuestión de minutos o Teatro Principal unha vez que o pleno da corporación municipal de Pontevedra aprobou por unanimidade a suspensión cautelar das licenzas en trámite para crematorios no municipio.
Os representantes dos colectivos veciñais afectados polos proxectos recordaron que non é unha solución senón un mero adiamento, polo que esixen ao goberno local que se dean pasos en firme para resolver o conflito.
Así se pronunciaba o representante dos veciños de Arcebispo Malvar, Enrique Dobarro, que tras facer unha "valoración positiva", admitiu que esperaban este resultado "aínda que desde onte pola tarde tiñamos a incerteza por si Louro retiraba este asunto para ser tratado na orde do dia".
Dobarro recordó que a moratoria aprobada hoxe "é unha medida cautelar, esperemos que neste ano que se deron de prazo se faga unha modificación do planeamento se se faga unha regulación específica deste tipo de chan".
Pola súa banda, Loli Castro, representante de Mourente sinalou que "cada un tratamos de defender os intereses da súa zona e o interese xeral de toda a cidadanía".
Significa isto que Pontevedra recuperou a "paz social", pois o portavoz veciñal de Pedra do Lagarto-A Parda advirte que "isto era o primeiro paso, a partir de agora permaneceremos vixiantes", é que os veciños reclaman "estar informados de como van as negociacións non esiximos ser unha parte na negociación".