Os traballadores de ENCE alertan que "en pocos meses nos pueden parar la fábrica"

Pontevedra
11 de agosto 2021
Actualizado: 14:50

A presidenta do Comité de Oficinas de ENCE, Ana Cedeira, advertiu de que "ahora con un tiempo contrarreloj en contra nuestra, con una amenaza de cierre, vamos a salir a la calle más contundentes que nunca".

Ana Cedeira e Pablo Bacariza explican os motivos da protesta e a situación actual da fábrica pasteira / PontevedraViva

A presidenta do Comité de Oficinas de ENCE, Ana Cedeira, advertiu de que "ahora con un tiempo contrarreloj en contra nuestra, con una amenaza de cierre, vamos a salir a la calle más contundentes que nunca".

Segundo Ana Cedeira "en pocos meses nos pueden parar la fábrica" se se executa a sentenza da Audiencia Nacional polo que reclaman "una solución" ao Concello, Xunta de Galicia e ao Goberno Central como "máximos responsables" desta situación. "Y la solución parte de que queremos seguir trabajando en Ence, queremos seguir trabajando en Lourizán", dixo.

Cedeira insistiu en que "esto es un tema político y a los políticos se lo vamos a dejar bien claro a partir de hoy". "Nosotros en pocos meses estaremos sin trabajo pero los políticos están de vacaciones", engadiu. 

"Todos los que formamos Ence, trabajamos en Ence y para Ence, estamos en pie de guerra", sentenciou. Ademais negou que as mobilizacións do persoal da  fábica de celulosas estean  instigadas pola dirección da compañía e subliñou que "aquí no hay ningún partido político que nos manipule".

Nun discurso dirixido aos traballadores durante a concentración fronte á delegación territorial da Xunta en Pontevedra, o vicepresidente do comité da fábrica, Modesto Graña, demandou que "toda Pontevedra ten que estar con nós".

Ademais denunciou que "nos queren politizar e a nosa política é o traballo, non somos do PP, non somos do Bloque, non somos do PSOE, somos traballadores. Metéronnos nesta e tennos que dar unha solución".

Pola súa banda, en declaracións aos medios de comunicación, o secretario do Comité de empresa de fábrica, Pablo  Bacariza, explicou que a manifestación deste martes obedece a que "non tivemos unha resposta da Xunta ante a reunión que solicitamos". 

Bacariza sinalou que no Goberno galego  "a raíz da sentenza vimos que cambiou de opinión en distintas ocasións e queremos coñecer de primeira man que solución propoñen para o noso problema". "O  Concello non nos vai a dar unha solución", apuntou este  representate do persoal da pasteira.

Segundo o secretario do comité de empresa, os traballadores queren evitar que se pare a produción antes de ter resolvido o seu futuro laboral e esixen "implicación" a todas as administracións. "Non nos podemos permitir que pare en ningún momento porque se para xa non volve arrancar", engadiu.

Por último  Bacariza comentou que na fábrica "a xente está moi nerviosa porque o 2033 desapareceu do horizonte, non existe, estamos pendentes dunha sentenza soamente".

 

Arquivado en