O grupo parlamentario socialista vén de presentar una Proposición non de Lei para que a Xunta regule definitivamente a cuestión dos crematorios en toda Galicia.
Os socialistas piden a actualización do decreto de Policía Sanitaria-Mortuoria, que ao ser de 1988, non prevé nada específico para este tipo de instalacións e demandan tamén a actualización do Decreto de Incidencia Ambiental.
"Non prevé ningunha franxa de separación para tanatorios nin tampouco para crematorios de cadáveres, un tipo de instalación moi específica que apenas merece atención no seu articulado", din na súa petición.
Os socialistas entenden que o "razonable" é que a mesma normativa rexa en toda Galicia e non se deixe esta cuestión exclusivamente aos concellos, que "só teñen competencias urbanísticas delegadas para regular os usos do solo nos seus términos municipais", lembra o escrito do PSdeG.
"E aínda así, se se procede a unha modificación do Plan, como é o caso de Pontevedra, a aprobación definitiva corresponde á Xunta", engade "por tanto, en aras á racionalidade e a unha norma común para toda Galicia que acabe co actual baleiro normativo", presentan esta proposta.