O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, trasladou o "respecto absoluto á sentenza do Tribunal Supremo" que avala a ratifica a continuidade da fábrica de Ence en Lourizán.
Formoso empraza a "pasar páxina e mirar para o futuro" e estar "centrados na continuidade dos traballadores" do complexo e acadar o "compromiso de todos na renovación e saneamento da ría".
O responsable socialista chamou a "velar polo futuro dos traballadores e traballadoras" e acadar "garantías laborais", ademais de recabar o compromiso da empresa cun "proceso de modernización importante" dunhas instalacións "obsoletas, logo de ter sido construídas polo Estado hai décadas".
Chamou ademais a "aproveitar" para "impulsar dende todos os eidos con competencia" no proceso de saneamento integral e renovación da ría de Pontevedra, que constitúe o entorno laboral para "milleiros de traballadores que dependen dese espazo natural".