Os socialistas acusan a Feijóo de paralizar a depuradora de Poio⿿Sanxenxo

Poio
21 de novembro 2013

A voceira de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente "diante do desleixo do goberno galego fronte a esta infraeastrutura". Pola súa banda o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, sinalou que a Xunta redactará o estudo ambiental e anteproxecto correspondente "en canto se teña a ubicación proposta polo Concello de Poio"

Raxó no Concello de Poio
Raxó no Concello de Poio /

A voceira de medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, acusou este xoves ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de ter paralizado a Estación Depuradora de Augas Residuais de Poio ⿿ Sanxenxo.  A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Medio Ambiente "diante do desleixo do goberno galego fronte a esta infraeastrutura".

Vilán sinala que o goberno galegoten desbotado ata tres posibles ubicacións alternativas para a infraestrutura postas a disposición polos dous concellos entre 2010 e 2012, "e dende entón non ofreceu ningunha solución, ningunha resposta, ningunha decisión política, ningunha responsabilidade".

Critica que dende o ano 2009 Augas de Galicia "dedicouse a facer estudos e informes" sen ofrecer propostas para levar adiante a infraestrutura.

Vilán amosou a súa sorpresa pola afirmación do presidente de Augas de Galicia, quen na comisión revelou que o concello de Poio se opuxo á ubicación en O Laño, "en contra do que o goberno galego lles tiña asegurado aos veciños".

A deputada pontevedresa lembra que dende 2010 o goberno galego decidiu desbotar o proxecto para establecer a depuradora nunha parcela adquirida polos concellos nos anos 90 denominada Pampaído. A partir de aí "comezou a falar de novas alternativas", Montalvo, Punta Samieira ou en Laño. Coa aparición dun conflito veciñal en Samieira, o concello propuxo unha nova parcela na zona de Monte Covelo, si ben Augas de Galicia non quixo asumir o proxecto "dicindo que era difícil".

Patricia Vilán salientou a urxencia desta instalación para tratar as augas residuais recollidas nas parroquias de Raxó e Samieira e de Dorrón e Bordóns, que actualmente suman 2.000 habitantes, unha cifra amplamente superada no verán.

RESPOSTA DA XUNTA

Pola súa banda o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, sinalou que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas redactará o estudo ambiental e anteproxecto correspondente para iniciar a tramitación da estación depuradora de augas residuais de Raxó "en canto se teña a ubicación proposta polo Concello de Poio". 

A Xunta redactará o estudo ambiental e anteproxecto correspondente "en canto se teña a ubicación proposta polo Concello de Poio"

O director de Augas de Galicia explicou que "o proxecto de EDAR na zona de Pampaído foi rexeitado polas dificultades técnicas para levar a cabo a súa execución, nunha zona de elevada pendente que condicionaba o tratamento das augas residuais".

Engadiu que "a experiencia indica que estas solucións para que sexan eficaces necesitan dunha forte inversión, e sen dúbida a construción desta alternativa, se se fala de impacto visual, era moi importante pola necesidade de executar non só a EDAR nun acantilado, senón un camiño de acceso pola zona de servidume de costas".

Explicou que, aínda que o concello non teña xestionado os terreos, Augas de Galicia non se desentende do problema e continúa a traballar na optimización do servizo de saneamento no municipio de Poio, polo que se está a executar a obra de saneamento en San Martiño e as Testadas, no que Xunta e o concello invisten 904.333 euros.