Os sindicatos piden á Xunta o cesamento da xerencia da área sanitaria

Pontevedra
29 de xullo 2022

Representantes dos cinco sindicatos maioritarios da Xunta de Persoal mantiveron un encontro conciliador coa directora de Recursos Humanos do Sergas en Santiago para atopar solucións á "situación límite" que atravesan os profesionais

Representantes dos cinco sindicatos maioritarios da área sanitaria reúnense coa directora de Recursos Humanos do Sergas
Representantes dos cinco sindicatos maioritarios da área sanitaria reúnense coa directora de Recursos Humanos do Sergas / CESM

Os sindicados CESM, PROSAGAP, OMEGA, TSP e CO-BAS, que son maioría na Xunta de Persoal da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, valoran o diálogo aberto pola Xunta de Galicia, pero insisten en que o cesamento do actual equipo directivo é imprescindible para seguir avanzando. 

Con todo, agradecen o xesto do presidente Alfonso Rueda ao atender as súas demandas e establecer un interlocutor "válido", que é a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana María Comesaña,

Os representantes dos traballadores, un de cada central sindical, desprazáronse a Santiago para manter un encontro coa dirixente, a quen lle expuxo a situación límite que se vive na área Sanitaria de Pontevedra, e as demandas que consideran ineludibles para reverter a situación e recuperar unha sanidade pública de calidade.

Os cinco sindicatos expuxeron o seu rexeitamento frontal ao Plan de Continxencias para cubrir as prazas de persoal sanitario nos PACs e reclamaron un Plan Específico para a área de Pontevedra, que atravesa unha situación insólita que non se vive noutras zonas de Galicia.

Demandan neste sentido un Plan Funcional de Choque-Emerxencia, dotado cos recursos económicos, humanos e materiais precisos para recuperar o persoal ideal e estable necesaria para garantir unha asistencia digna, eficiente e de calidade, e non facelo á conta da supresión dos dereitos dos traballadores como vacacións e permisos ou coa prolongación de xornada.

Agradeceron a actitude conciliadora da directora xeral e o cambio de actitude da Administración, ademais acordaron con ela a continuación das negociacións para partir do próximo martes na que estará presente o xerente xeral do Sergas, o doutor Flores.