A Plataforma Veciñal Non á Ampliación da Depuradora realizou este domingo un acto simbólico nos terreos que estarían afectados por unha ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) dos Praceres.
Os veciños de Lourizán cravaron unha serie de cruces na zona que ocupaba hai non tanto o campo de fútbol a modo de "cemiterio da dignidade", aproveitando que esta semana tivo lugar a celebración do Día de Defuntos.
Esta simboloxía débese a que aínda que "Lourizán é un morto moi vivo os veciños non poden obviar que se trata dunha parroquia moribunda pola sucesión de decisións políticas aberrantes das últimas décadas", sinalaron desde a plataforma.
Para o colectivo veciñal, o proxecto de ampliación da EDAR supón un "atentando contra o sentido común", polo que reiteran a súa petición á Xunta de Galicia para que desista desta idea e busque outras alternativas.