Os desmontes das obras da A-57, causa de desprendementos de terra no río Gafos

Pontevedra
31 de marzo 2017

A empresa do servizo de augas e saneamento do Concello, Viaqua, confirmaba ao Concello de Pontevedra a orixe desta incidencia

Obras de construción da A-57 en Marcón
Obras de construción da A-57 en Marcón / PontevedraViva

A concellería do Ciclo da Auga de Pontevedra confirmaba este venres que a terra aparecida durante as últimas horas no río Gafos procedía dos desmontes que se están acometendo nas obras da autovía A-57. Este feito foi denunciado polo colectivo Vaipolorío.

A empresa do servizo de augas e saneamento do Concello, Viaqua, comprobaba a orixe destes desprendimentos que provocaron a alerta veciñal.

O corrimento de terras estaría relacionado coa mancha aparecida este venres, segundo estas mismas fontes.

As últimas choivas foron as causantes de que porcións de terra procedentes dos traballos desta obra chegase a afectar o leito do río manchando as augas. Con todo, desde a Concellería advírtese de que estas manchas non están consideradas unha vertedura.

Arquivado en