Os comuneiros de Marcón rexeitan ceder terreos para a planta de compostaxe

Pontevedra
10 de novembro 2014

O presidente da Comunidade de Montes, ÿscar Coto, asegura que a organización que representa "non ofertou terreos nin o levamos a asemblea porque non a queremos". Coto responde así á información desvelada polo edil socialista Agistín Fernández, que situaba a canteira de áridos de Marcón como unha das opcións

Canteira da Comunidade de Montes de Marcón
Canteira da Comunidade de Montes de Marcón

A Comunidade de Montes de Marcón non está disposta a ofrecer terreos para que se instale na súa parroquia a planta de compostaxe que impulsan Deputación e Concello de Pontevedra.

ÿscar Coto: "A comunidade de montes non ofertou terreos nin o levamos a asemblea porque non a queremos"

Tras desvelar o socialista Agustín Fernández que os técnicos da empresa Lagares Gansa revisaron, entre outras posibles situacións, a antiga canteira de Laxinde, terreos en propiedade dos comuneiros, a organización defende que "a comunidade de montes non ofertou terreos nin o levamos a asemblea porque non a queremos".

Así llo asegurou a PontevedraViva o seu presidente, ÿscar Coto, que recoñece que o Concello lles expuxo o proxecto no seu momento pero nega calquera tipo de negociación ao respecto.

Coto expresa o seu medo e dúbidas ante a posibilidade de que a empresa que explote a planta non cumpra coas esixencias ambientais, asegurando que "o problema máis grande son as augas residuais".

Ante os últimos acontecementos a Comunidade de Montes de Marcón dirixiuse ao Concello de Pontevedra para comunicarlle que non analizarán outras posibilidades en chan da súa propiedade.

Arquivado en