Os "anticompostaxe" acudirán ao Pleno de investidura "para que tomen nota"

Pontevedra
11 de xuño 2015

Segundo informaron dende a Plataforma o motivo da súa presenza neste Pleno é "que a nova corporación tome nota da negativa dos veciños á instalación dunha planta de lixos na Canicouva"

Manifestación anti planta de compostaxe
Manifestación anti planta de compostaxe / Mónica Patxot

A Plataforma Residuos Non de Ponte Sampaio asistirá o sábado ao Pleno de investidura da nova Corporación do Concello de Pontevedra.

A plataforma convocou aos veciños ás 11:00 horas da mañá do sábado en Ponte Sampaio dende onde se trasladarán en autobuses para asistir á sesión plenaria.

Segundo informaron dende a plataforma, o motivo da súa presenza neste Pleno é "que a nova corporación tome nota da negativa dos veciños á instalación dunha planta de lixos na Canicouva".

Esta plataforma asegura que esta infraestrutura "contaminará os mananciais dos que se surten os veciños da parroquia de Ponte Sampaio, a propia ría, e os olores chegarán á maioría dos veciños e arredores".

O pasado xoves 7 de marzo, horas antes do inicio da campaña electoral, o voceiro desta Plataforma Residuos Non, Eugenio Peón, asegurara que este colectivo cidadán ía a esperar o resultado electoral, para comprobar que obtiña o BNG, impulsor do proxecto de planta de compostaxe, "e se a xente é masoquista, pois que tiren para adiante".

Arquivado en