O venres 10 de setembro, día marcado para a segunda mesa de diálogo sobre Ence

Pontevedra
27 de agosto 2021

O delegado do Goberno, José MIñones, agarda que a empresa pasteira e a Xunta acheguen os informes comprometidos sobre alternativas para o futuro da factoría a ese encontro convocado polo MInisterio para a Transición Ecolóxica, que lidera a ministra Teresa Ribera

José Miñones, delegado do Goberno (arquivo)
José Miñones, delegado do Goberno (arquivo)

José Miñones, delegado do Goberno en Galicia avanzou que a segunda mesa de diálogo sobre o futuro de Ence será o venres 10 de setembro. Indicou que o Goberno central cumpre así o compromiso mantido co persoal da fábrica pasteira de Lourizán.

O representante do goberno de Pedro Sánchez espera que a Xunta de Galicia e a dirección da empresa acudan a este novo encontro cos informes sobre alternativas para o futuro da factoría que comprometeron na primeira reunión e que "aínda non deron a coñecer". Miñones considera fundamental que as partes avancen nos seus compromisos para garantir o emprego e a actividade industrial.

O delegado insistiu en que o Executivo respecta as decisións xudiciais en relación á anulación da prórroga da concesión para permanecer en chan público marítimo-terrestre e espera que se produzan avances para manter os postos de traballo no encontro que convoca o Ministerio para a Transición Ecolóxica, que lidera a ministra Teresa Ribera.

Miñones non fixo referencia ao lugar en que se celebraría este encontro, a pesar de que os representantes sindicais demandaron publicamente que esta reunión se desenvolvese en Pontevedra.

Arquivado en