O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) mantén a liña xudicial marcada polo Tribunal Supremo queestablece a demolición dos 300.000 metros cadrados de terreos gañados ao mar nas instalacións da Autoridade Portuaria de Marínao emitir un novo auto con data do 29 de xaneiro de 2015 no que desestima o recurso de reposición presentado polo Avogado do Estado en representación da Autoridade Portuaria ao entender que se trata de "cousa xulgada".
O Avogado do Estado alegaba no seu escrito descoñecemento da zona exacta na que se encontraban os recheos que se tiñan que demoler. Ademais, o TSXG entende que non ten lugar á solicitude de Pérez Torres Marítima para que se suspendese a tramitación ata que o Tribunal Constitucional non se pronuncie sobre o recurso de amparo presentado por esta empresa. Os recursos que formulan as entidades Cementos Cosmos e Ceferino Nogueira se incorporan ao expediente.
Polo tanto, o auto do TSXG non ten en conta as peticións establecidas e, polo tanto, non contradí a sentenza do ano 2004 do Tribunal Supremo en relación coa demolición ao anular o plan especial para as instalacións portuarias.
REACCIÿN DA ALCADESA DE MARÍN
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, a través dun comunicado manifesta que esta desestimación do recurso de reposición interposto pola Autoridade Portuaria a través do Avogado do Estado non pecha outras vías que aínda están pendentes de resolverse.
"Dende o concello de Marín queremos transmitir que estaremos á espera do resto de incidentes que están formulados ante os distintos estamentos xudiciais quedando, polo tanto, aínda moito camiño que percorrer", sinala Ramallo.
A alcaldesa fai referencia ás diferentes institucións que defenden o interese xeral a través dos recursos presentados. E xustifica as actuacións realizadas en que se concederon licenzas de obras e de actividade oportunas atendendo a informes que se apoian e susténtanse na normativa vixente que lles resulta de aplicación.