O TSXG denega outro intento da Avogacía do Estado para evitar os derrubamentos do porto de Marín

Marín
06 de marzo 2015

O recurso fora interposto pola Avogacía do Estado en representación da Xunta, a Autoriadad Portuaria, Deputación e Concello de Marín, ademais dun grupo de empresas radicadas en nos recheos ilegalizados

Recheos no Porto de Marín
Recheos no Porto de Marín

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) fixo público este venres un auto no que rexeita un recurso para evitar o derrubamento dos recheos no porto de Marín.

O recurso fora interposto pola Avogacía do Estado en representación da Xunta, a Autoridade Portuaria, a Deputación e o Concello de Marín, ademais dun grupo de empresas radicadas nos recheos ilegalizados.

Este novo auto rexeita a posibilidade de recorrer a ratificación da orde de demolición dos recheos ante o Tribunal Supremo.

Os maxistrados do alto tribunal galego entenden que este asunto xa foi abordado e sentenciado na sentenza da que agora o TSXG pide o seu cumprimento negando a remisión do expediente ao Supremo.

A Avogacía do Estado pode recorrer agora en queixa ao Supremo para tratar de que decida se quere volver intervir no asunto

OUTRAS FRONTES ABERTAS

O TSXG aínda ten que resolver un incidente de executabilidade da sentenza que decreta as demolicións. Ademais as empresas afectadas presentaron un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional.