A modificación puntual do PXOM que promove o Concello de Pontevedra para regular a instalación de crematorios no municipio xa ten 450 alegacións no seu contra. Presentáronas veciños e comerciantes da Parda e San Amaro ao entender que con este cambio da regulación urbanística se favorece o proyeco de crematorio que promove a multinacional Funespaña na zona.
O presidente e o secretario da plataforma 'Non crematorios Pontevedra Leste', José Luis Calvo e José Antonio Ramírez Amor, presentaron este luns no rexistro municipal unhas 230 alegacións asinadas a título individual por outras tantas persoas. Hai que sumalas ás 200 xa presentadas o 30 de decembro e á alegación xeral á instalación do crematorio entregada o 26 de decembro.
Os representantes da plataforma investiron boa parte da mañá en presentar unha a unha no rexistro as novas alegacións e explicaron que a maior parte dos documentos os asinaron veciños e comerciantes seguindo o modelo de alegación promovido dende a plataforma. Ademais, segundo José Luis Calvo, non descartan presentar unha nova quenda de alegacións que incluiría un único documento, pero acompañado dun centenar de firmas.
O obxectivo da plataforma é "llenar de alegaciones el Concello para que nos tengan en cuenta" á hora de valorar a modificación puntual do PXOM. Con este mesmo fin, seguirán coas protestas de cada xoves ás 20.30 horas en Xoán Carlos I e formúlanse organizar outro tipo de actividade reivindicativa para "sacar a la gente a la calle", pois José Luis Calvo sinala que "los vecinos firmaron las alegaciones, pero no conseguimos que vengan a las concentraciones".
O voceiro dos anti-crematorios volveu criticar a actuación do concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, na regulación destas instalacións funerarias e sinalou que "indudablemente" a resposta que están a ter do Concello de Pontevedra está a ser "mala".