O PP sopesa querelarse contra Carmela Silva e César Mosquera por inxurias

Pontevedra
30 de maio 2016

Nunha comparecencia de todo o grupo provincial do Partido Popular na Deputación, a súa voceira, Nidia Arévalo anunciou que "despois dos insultos e dos delitos dos que nos acusan", os populares reuníronse cos servizos xurídicos para “sopesar presentar unha querella” nos próximos días contra a presidenta e o vicepresidente da Deputación, Carmela Silva e César Mosquera

Grupo provincial do Partido Popular
Grupo provincial do Partido Popular / PontevedraViva

Nunha comparecencia de todo o grupo provincial do Partido Popular na Deputación, a súa voceira, Nidia Arévalo anunciou que "despois dos insultos e dos delitos dos que nos acusan", os populares reuníronse cos servizos xurídicos para "sopesar presentar unha querela" nos próximos días contra a presidenta e o vicepresidente da Deputación, Carmela Silva e César Mosquera.

"Non se nos pode chamar gratuitamente mafia siciliana, sector jarrai nin kale borroka, nin un montón de cuestións que puxeron na súa voz no pleno, despois do pleno, e incluso o día antes", engadiu.

O grupo provincial do PP sinala que os ataques de Carmela Silva á oposición son froito do seu nerviosismo. "Non hai un pleno tranquilo nesta casa, a cidadanía debería comezar a preguntarse si esta señora está preparada para xestionar esta casa, se ten cintura política, e se é capaz de levar a xestión da Deputación de Pontevedra nas circunstancias nas que se atopa", valorou a voceira do grupo popular, que sinala que o "nerviosismo" de Carmela Silva "está presente diariamente na súa actitude, na súa axenda, na súa xestión... porque problemas xudiciais abondan neste grupo socialista".

Na rolda de prensa os populares incidiron en que "é moi grave o que se leva dito deste grupo e deste partido", sinalou Nidia Arévalo quen criticou que mentres o PP "sempre foi respectuoso, sempre condenou todo o que debía, PSOE e BNG fan o contrario".

"Tomaremos as medidas que haxa que tomar porque este grupo non consentirá nin un insulto, nin unha inxuria ou unha calumnia, porque estamos a facer o noso traballo porque para iso nos votaron os cidadáns desta provincia", engadiu.

Tamén se referiu a voceira dos populares a que "a prepotencia coa que levan meses empeza a cambiar", e referiuse ao "batacazo grande que levaron Carmela Silva e de Abel Caballero" cos resultados das primarias no PSOE galego.

Pola súa parte, o deputado José Crespo dixo estar "alucinando" co que pasa na Deputación de Pontevedra. "Nós defendemos o que entendemos que debemos defender, e esta forma tan particular de tratar á oposición nunca se viu nunha institución democrática", valorou. "Ten que haber un respecto pola oposición e polas persoas que non está habendo", dixo, e denunciou que non saben encaixar as críticas.

"Eu pregunto se teñen memoria, sobre todo o señor Mosquera, porque eu recordo como paseaban a César Mera nun cadaleito pola capital da provincia. E xa o señor Mosquera andaba na vida provincial, e que eu saiba nunca criticou o que facían. E agora cando lle aplican a eles a súa propia medicina, bótanse a nós. Que negocien cos traballadores e que negocien cos sindicatos, que é o que eles nos dicían a nós", valorou.

Arquivado en