O PP non se fía da suspensión de crematorios e Louro cualifícaos de manipuladores e mentirosos

Pontevedra
19 de novembro 2012

"Tanta matización del tipo de suelo donde no se pueden ubican los crematorios, parece que deja entrever algo". ÿ a sospeita que lle xera ao voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, a proposta do Concello de Pontevedra de suspender durante un ano as licenzas para crematorios no municipio

Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra
Jacobo Moreira, voceiro municipal do PP en Pontevedra / PontevedraViva

"Tanta matización del tipo de suelo donde no se pueden ubican los crematorios, parece que deja entrever algo". ÿ a sospeita que lle xera ao voceiro municipal do PP, Jacobo Moreira, a proposta do Concello de Pontevedra de suspender durante un ano as licenzas para crematorios no municipio. "Estas cábalas sobre las argumentaciones y los tipos de suelo no eran necesarias, a no ser que haya algo más".

Asegura Moreira que o PP quere saber "a qué responde esta argumentación tan rebuscada", ao recordar que a proposta fala de solo urbano, urbanizable de uso residencial, solo de núcleo rural e dunha franxa de protección de 500 metros, cunha serie de excepcións. "Es mucho más fácil que eso, se suspenden en todo el concello y listo, así redactado genera cierta inseguridad".

O voceiro popular lamenta ademais que na proposta asúmase que podería haber indemnizacións ás empresas por esta paralización de licenzas, pero que non haxa unha valoración da cantidade de diñeiro "a la que nos podremos enfrentar" se o Concello debe facer fronte a estes pagos.

En todo caso, Jacobo Moreira asegurou que o PP tomará unha decisión sobre a súa postura no pleno do xoves tras estudar a proposta a fondo e "después de hablar con los vecinos".

Louro cualifica a Moreira de manipulador e mentireiro

Tras coñecer a postura dos populares, o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, criticou duramente a Jacobo Moreira, ao que cualificou de manipulador e mentireiro e de "demostrar unha vez máis que non está á altura das circunstancias". Recordou que leva semanas esixindo ao Concello que actúe, polo que as súas dúbidas achácaas a que "non saben se queren resolver ou problema ou tan só agrandalo máis".

"Ou alarmismo é ou seu crédito", afirmou Louro, quen asegurou que a suspensión de licenzas durante o prazo dun ano "é o prazo máximo que nos permite a lei". Agarda o edil socialista que este paréntese "contribúa a clarificar o panorama e a alentar as negociacións e as concentracións entre as empresas", de forma que "todos contribuamos a rebaixar o debate".

Antón Louro explicou que o Concello de Pontevedra puxo en marcha catro liñas de traballo para resolver esta cuestión: a aprobación dunha modificación do PXOU, a recomendación á Xunta para que cubra o baleiro normativo, o diálogo coas empresas funerarias para buscar unha saída "acordada", e as reunións coas asociacións de veciños "para expor o que facemos".