O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e a súa número dous, Pepa Pardo, criticaron a "resposta evasiva" que recibiron do Goberno de España despois de elevar ao Senado a súa proposición para instar o Executivo central ao estudo de alternativas ao actual trazado da autovía A-57.
Recordan que esta iniciativa, aprobada por unanimidade no pleno municipal, pedía modificar o tramo A Ermida-Pilarteiros para atopar un trazado menos lesivo para os núcleos de poboación de Bora e Xeve, que limite ao máximo o impacto ambiental.
Os dirixentes do PP reuníronse cos representantes das familias afectadas para informais de que, neste ano 2024, trasladaron, á administración responsable do proxecto, dúas preguntas escritas, a través da Cámara Alta.
Na primeira das misivas, presentada o 22 de xaneiro, os populares solicitaron unha resposta ao seguintes tres preguntas: Cal é a data prevista de finalización da execución do primeiro tramo da A-57?; Das 16.600 alegacións presentadas polos veciños e persoas con interese, cantas delas foron respondidas?; Exponse o Goberno a posibilidade dun trazado alternativo ao elixido para a segunda fase da autovía, tal e como solicitan os veciños afectados? Se a resposta é NON, cales son os motivos para non estudar un trazado alternativo?.
No segundo escrito, presentado o 29 de febreiro, Pardo amparouse no acordo plenario do Concello para preguntar ao Goberno de España se tiña intención de estudar alternativas ao actual trazado da A-57, tal e como solicitara por unanimidade a corporación municipal de Pontevedra.
As contestacións do Goberno indican que "seguirán adiante" cun proxecto que "no atiende a las peticiones de los vecinos", lamentou Pardo tras compartir cos afectados o escrito.
Literalmente a resposta do Goberno di: "El trazado de la circunvalación de Pontevedra, A-57 es el resultado de una larga tramitación administrativa que se inició con el estudio informativo de la circunvalación de Pontevedra en el que se plantearon diversas alternativas de trazado, que fueron objeto de dos informaciones públicas, obteniéndose finalmente una Declaración de Impacto Ambiental (DIA) favorable en 2007".
"Habiendo decaído la vigencia de la citada DIA, ha sido preciso redactar un nuevo documento que ha sido sometido al trámite de información pública a efectos ambientales. En dicho documento ha sido incluido un trazado alternativo más alejado de la ciudad de Pontevedra, atendiendo las sugerencias de los afectados. Finalmente, ha resultado del análisis multicriterio realizado durante el preceptivo trámite ambiental como alternativa seleccionada la más próxima a la ciudad, que es la que finalmente ha sido aprobada definitivamente para su posterior desarrollo".
O PP de Pontevedra considera esta resposta "reveladora" porque no escrito "ponse de manifesto a intención do Goberno de España de continuar o proxecto para pesar do acordo municipal".