O Partido Popular estuda unha fórmula para impulsar iniciativas no Parlamento de Galicia para facerse eco do rexeitamento social que xerou o proxecto dun crematorio na Parda e "buscar unha solución" que de resposta ás demandas veciñais.
Estas iniciativas formularíanse en dúas frontes, o sanitario e a planificación urbanística, e son resultado dunha reunión celebrada este luns entre o vicevoceiro do PPdeG no Parlamento de Galicia, Román Rodríguez; o voceiro local do partido, Jacobo Moreira; e representantes da 'Plataforma Non Crematorios Pontevedra Leste'.
Ao termo da reunión, Román Rodríguez explicou que o encontro serviu para coñecer as formulacións da plataforma, que "entran absolutamente dentro do que é a lóxica" e agora se avaliará que iniciativas pódense impulsar.
Estas iniciativas van destinadas a "buscar unha solución que permita posibilitar a convivencia dos veciños cunha actividade nova que se produce no barrio e xera un rexeitamento social importante".
Ademais, Román Rodríguez avanzou que a solución que se encontre se aplicaría a nivel Galicia, pois "é un tema que saltou en Pontevedra, pero que é algo que hai que pensar cunha visión máis global e presentar unha solución que sexa válida para ou conxunto de Galicia".
Jacobo Moreira: "Si yo gobernara, estaría solucionado este tema"
O deputado 'popular' insistiu que o seu partido non está en contra de que promova un crematorio, senón na localización elixida. "Non é un tema de non facer o crematorio. Ninguén di que non se faga, a cuestión é onde se fai, onde non vaia xerar unhas molestias inducidas a unhas persoas e a un barrio que de repnte van ter no seu corazón unha actividade que lle vai producir uns prexuizos notables".
Jacobo Moreira recordou que o PP pontevedrés formulou unha situación alternativa no polígono industrial da Reigosa e que "no ha sido rebatida por nadie y ha sido visto con buenos ojos por los vecinos e incluso por las empresas" e aproveitou para criticar a actitude do edil de Urbanismo, Antón Louro, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.
"Lo que me extraña es que el señor Lores y el señor Louro no busquen una solución", critica Moreira e, no caso de Lores, repróchalle que "no ha dado la cara" e "no les ha explicado todavía por qué lo que no quiere para los vecinos del centro lo quiere para los vecinos de A Parda". "Si yo gobernara, estaría solucionado este tema", asegura.
Os veciños: "Si fuese Celulosas, Lores estaría en pie de guerra"
A plataforma veciñal tamén se mostrou crítica coa actitude de Lores e de Louro. O presidente da plataforma veciñal, José Luis Calvo, reprocha ao alcalde que "si fuese Celulosas estaría en pie de guerra" e, neste caso, aínda nin se manifestou publicamente. "Si estamos en contra de la contaminación, estamos en contra de toda la contaminación", recriminoulle.
José Luis Calvo engadiu o seu agradecemento aos políticos do PP por "escucharnos" e insistiu en que nosotros nunca dijimos no a los crematorios, dijimos no a los residuos". Ademais, avanzou que antes de Nadal presentarán alegacións ao proxecto de Funespaña a nivel xeral da plataforma e algúns afectados o farán a título particular.