O PP acusa ao Concello de deixar vía libre ao crematorio de Funespaña

Pontevedra
10 de novembro 2012

O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra asegura que a proposta do equipo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores de suspender as licenzas para crematorios, deixaría vía libre a un dos proxectos en tramitación, concretamente ao que promove a firma Funespaña na zona da Parda.

Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal del PP en Pontevedra
Jacobo Moreira, voceiro do grupo municipal del PP en Pontevedra

O grupo municipal do Partido Popular en Pontevedra asegura que a proposta do equipo de goberno de Miguel Anxo Fernández Lores de suspender as licenzas para crematorios, deixaría vía libre a un dos proxectos en tramitación, concretamente ao que promove a firma Funespaña na zona da Parda.

"O tenente de alcalde Antón Louro está a ocultar deliberadamente aos veciños que a súa iniciativa de frear durante un ano esas iniciativas empresariais obvia a unha delas", afirma o voceiro popular Jacobo Moreira.

En concreto, o texto da súa proposta refírese á "suspensión de licenzas de novas edificacións ou instalacións para uso de forno crematorio para incineración de restos humanos no solo urbano, urbanizable de uso residencial e de núcleo rural do PXOU". Non di nada do solo rústico ou dotacional, as dúas cualificacións que se poderían considerar aplicables ao espazo afectado polo proxecto de Funespaña.

Jacobo Moreira, entende que o texto proposto, con independencia de se é o que finalmente se leva ante o pleno "ou non", evidencia que se pretende delimitar dun xeito moi concreto o alcance da moratoria, "porque aparentemente non ten outra explicación lóxica esa especificación sobre o tipo de solo".

"Lamentable e desconcertante espectáculo que está a ofrecer o tenente de alcalde"

Moreira cree que esa "mensaxe enganosa" emitida por Antón Louro supón un episodio máis do "lamentable e desconcertante espectáculo que está a ofrecer o tenente de alcalde en relación con este asunto".

Jacobo Moreira cualificou por último de "rastreira" a convocatoria precipitada dun pleno para o vindeiro martes no que Antón Louro anunciou que suspendería as licenzas para crematorios. "Resulta que ao final na sesión falarase de varios temas, ata da folga xeral, pero non se tratará nada da moratoria para esas licenzas, e con este son xa moitos os episodios nos que o tenente de alcalde engana aos veciños, sen darlles solucións e sempre gañando tempo", sentenciou.