O Pleno do Consultivo desestima realizar declaracións públicas sobre o informe dos terreos de ENCE

Pontevedra
27 de xaneiro 2022

O Consultivo "só pronúnciase a través dos seus ditames e informes". A este organismo "sonlle alleos os debates políticos que susciten devanditos ditames e informes"

Membros do Consello Consultivo co presidente da Xunta en 2021
Membros do Consello Consultivo co presidente da Xunta en 2021

O Pleno do Consello Consultivo de Galicia, en sesión celebrada este mércores, acordou trasladarlle á opinión pública que este organismo, como supremo órgano de consulta e asesoramento xurídico da Xunta e das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, "só se pronuncia a través dos seus ditames e informes", por tanto, "sonlle alleos calquera debates públicos que susciten tales ditames ou informes".

Ao Consello Consultivo foille encomendada pola Xunta de Galicia a elaboración dun informe sobre a posibilidade de adscribir terreos de dominio público marítimo terrestre, actualmente ocupados por instalacións da pasteira ENCE, ao Porto de Marín.

O informe foi emitido con data 20 de outubro de 2021, suscitando un amplo debate social e político. No ámbito deste debate, a Asociación pola Defensa da Ría expresou a súa pretensión de que o Consello Consultivo realizase declaracións públicas en relación con opinións ou interpretacións manifestadas sobre o citado informe.

A este respecto, o Pleno do Consello Consultivo quere aclarar que os seus integrantes "teñen prohibido por lei realizar declaracións ou manifestacións públicas en relación cos asuntos que coñecesen", por razón do seu cargo.

O Consello Consultivo asegura que "actúa con absoluta independencia e os seus cinco compoñentes", elixidos polo Parlamento de Galicia e polo presidente da Xunta, "non están sometidos a mandato imperativo algún".

 

Arquivado en