O persoal de Elnosa protesta contra a "violencia institucional" do Concello e o "sátrapa" de Lores

Pontevedra
17 de xuño 2017

O persoal de Elnosa acompañada das súas familias protagonizou unha concentración de protesta ante o Concello de Pontevedra para rexeitar a "violencia institucional" da que acusan o goberno municipal do BNG e ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que cualificaron de "sátrapa" que pretende "arruinar" as súas vidas por apoiar o desmantelamento da fábrica

"En los institutos muchas veces se les hostiga por el trabajo de sus padres" /
Concentración dos traballadores de Elnosa e as súas familias diante do Concello
Concentración dos traballadores de Elnosa e as súas familias diante do Concello

O persoal de Elnosa acompañada das súas familias protagonizou unha concentración de protesta ante o Concello de Pontevedra para rexeitar a "violencia institucional" da que acusan o goberno municipal do BNG e ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que cualificaron de "sátrapa" que pretende "arruinar" as súas vidas por apoiar o desmantelamento da fábrica.

Durante a concentración unha das traballadoras, Chus González del Río, leu un manifesto no que expresaba que "non é sinxelo vivir o noso día a día sendo a diana cara á que apunta e dispara o goberno do concello no que vives ou es veciño".

"Desexamos ter un alcalde que dea a cara por nós e pelexe ao noso lado, non en contra nosa", sinalou esta portavoz.

Na lectura do manifesto criticaron que "se utilicen os recursos públicos dos orzamentos municipais para litigar contra a permanencia dos postos de traballo" e que o goberno local "non expuxo nin unha soa alternativa concreta" para o mantemento do emprego.

O próximo mes de decembro finaliza o prazo para realizar o cambio tecnolóxico necesario para deixar de producir cloro utilizando mercurio e a preocupación pola continuidade dos seus postos de traballo empuxa ao persoal da cloreira a mobilizarse para "pelexar" pola supervivencia os 60 postos de traballo directos que xera a fábrica de Lourizán.

Arquivado en