O goberno local de Poio e os veciños consensuarán a ubicación da depuradora

Poio
16 de novembro 2014

Entre outras cuestións, os afectados terán que decidir si están dispostos a que o recibo do auga se incremente ata un 50% si optan por construír a Estación Depuradora nunha zona alta

Pancarta de rexeitamento a depuradora
Pancarta de rexeitamento a depuradora

O salón de plenos do Concello de Poio acollerá este mércores día 19 ás 20.00 horas unha reunión entre o goberno local e os colectivos afectados, asociacións veciñais, cofradía e comunidades de montes pola depuradora de Raxó-Samieira.

A cita arrincará co relato do encontro mantido o pasado venres entre o alcalde de Poio, Luciano Sobral, cos responsables de Augas de Galicia.

ÿ dicir, o rexedor detallará as xustificacións técnicas polas que a Xunta descarta a ubicación de Pampaído como zona para situar a Edar. Ademais dos motivos técnicos, detrás desta decisión tamén se atopan o rexeitamento social e a negativa tallante da alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González.

Conscientes da necesidade imperiosa dunha depuradora, o obxectivo do encontro do mércores é consensuar un sitio no término municipal de Poio.

Entre outras cuestións, os afectados terán que decidir si están dispostos a que o recibo do auga se incremente ata un 50% si optan por construír a Estación Depuradora nunha zona alta.