O Goberno busca terreos para trasladar ENCE e pide "implicación" aos concellos interesados

Pontevedra
13 de xaneiro 2022

O futuro de Ence en Galicia, segundo o Goberno, pasa irremediablemente polo seu traslado. A que verbalizou este xoves os plans do executivo central foi a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera

Teresa Ribera, na Coruña
Teresa Ribera, na Coruña / Ministerio para la Transición Ecológica

O futuro de Ence en Galicia, segundo o Goberno, pasa irremediablemente polo seu traslado. A que verbalizou este xoves os plans do executivo central foi a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera.

Nun acto celebrado en Culleredo (A Coruña), Ribera deu un paso máis e xa non só pide a "implicación" da Xunta de Galicia na procura dun novo emprazamento para a fábrica de Lourizán, senón tamén a de concellos que estean interesados en acollela.

"Nuestra apuesta es ayudar en la mayor medida posible a encontrar un emplazamiento, facilitar ese traslado sabiendo que detrás hay muchas personas que trabajan directamente en la planta y una economía forestal que nos interesa enormemente", apuntou a ministra.

Para iso, a titular de Transición Ecolóxica entende que é "capital" que haxa unha "implicación fuerte" do goberno galego e dos concellos "que pudieran ser aquellos espacios" nos que se poida situar o novo complexo industrial.

A ministra reiterou que esta é unha cuestión "en la que estamos trabajando" desde o seu departamento por mor das tres sentencias da Audiencia Nacional que anularon os permisos que tiña Ence para seguir en Lourizán ata o ano 2073.

Ademais, Ribera sinalou que nesta decisión tamén pesou a "preocupación" existente por parte dos traballadores da factoría pontevedresa.

Arquivado en