O Estado tamén pide a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence

Pontevedra
06 de maio 2023

A Avogacía do Estado presentou dous incidentes de nulidade ante o Tribunal Supremo para que deixe sen efecto as sentenzas ditadas o pasado 7 de febreiro, que confirmaron a validez da prórroga da concesión da fábrica de Pontevedra ata o ano 2073.

Fábrica de Ence en Lourizán
Fábrica de Ence en Lourizán / Mónica Patxot

A Avogacía do Estado presentou dous incidentes de nulidade ante o Tribunal Supremo para que deixe sen efecto as sentenzas ditadas o pasado 7 de febreiro, que confirmaron a validez da prórroga da concesión da fábrica de Pontevedra ata o ano 2073. Así o desvelou o propio presidente de Ence, Ignacio de Colmenares no transcurso da xunta xeral de accionistas celebrada este venres.

Do mesmo xeito que fixese o Concello de Pontevedra, a Avogacía do Estado tamén reclama ao Supremo que devolva o caso á Audiencia Nacional. 

Seguindo os mesmos argumentos que os esgrimidos polo bufete de avogados coruñés contratado polo Concello de Pontevedra, a Avogacía do Estado tamén esixen que se xulguen polo menos cinco argumentacións do recurso do Concello que non foron desenvoltas nas resolucións ditadas ata o de agora. 

Tamén solicita a nulidade da sentenza por "vulneración do dereito a unha tutela xudicial efectiva", o que habilita unha vía cara a un posible recurso ante o Constitucional ou ante o Tribunal de Estrasburgo por atentar contra un dereito fundamental.

Cabe lembrar que foi a Avogacía do Estado a que en marzo de 2019 achandouse na defensa da prórroga de Ence unha manobra que o Tribunal Supremo considerou que lle impedía seguir persoada no procedemento pero que os letrados da Administración central sinalan como unha vulneración dun dereito fundamental.

A empresa e o resto das partes implicadas no procedemento dispoñen de prazo ata o vindeiro martes para alegar contra estes incidentes de nulidade. 

Se o Supremo admite os recursos do Concello e da Avogacía do Estado o caso Ence regresaría á Audiencia Nacional pero se son rexeitados só quedaríalles recorrer ao Constitucional.

Ignacio de Colmenares considera que "lo previsible" é que o Supremo desestime todos os recursos, polo que a causa acabaría no Tribunal Constitucional.

O CEO da compañía pasteira considera que existe seguridade xurídica suficiente como para que Ence afronte o futuro con numerosos proxectos en carteira. 

Na área de negocio da celulosa, teñen previsto levar a fábrica Pontevedra a cotas de "máxima eficacia" para seguir mellorando a súa sustentabilidade e especializala na produción de celulosa libre de cloro de alta calidade. Ademais completarán a iniciativa "Navia excelente" para converter á planta asturiana no eixo no que sustentarán esta aposta por "diversificar" os seus produtos coa fabricación de celulosa "fluff" (produtos hixiénicos e absorbentes) así como a creación de materiais sostibles substitutos do plástico nas embalaxes. E ten en marcha os estudos de enxeñería para construír a planta das Pontes de papel tisú.